Xinzo, Baltar e Montalegre queren formar Eurocidade

Xinzo, Baltar e Montalegre queren formar Eurocidade

Os dous municipios limiaos únense ao luso para reclamar fondos europeos

REDACCIÓN redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Os municipios limiaos de Xinzo e Baltar buscan formar sinerxias cos veciños portugueses de Montalegre co fin de chamar a atención da Unión Europea, e que esta os axude con proxectos de infraestrutura e dos ámbitos cultural e deportivo. Unha das primeiras iniciativas que propoñen os grupos de goberno destes concellos, sería solicitar a concesión dunha especie de eurocidade coma as que xa existen entre Verín e Chaves, ou entre Tui e Valença do Minho.

Segundo declarou o alcalde limiao, Antonio Pérez, os tres rexedores xa terían tratado esta posibilidade nos últimos seis meses, e teñen prevista unha nova xuntanza para concretar os proxectos proximamente. O rexedor limiao quixo recordar que Montalegre e A Limia son os que máis tramo de fronteira comparten, e é onde menos infraestrutura se están realizando.