Xinzo busca un adxunto ao secretario e dous socorristas

concello
Xinzo busca un adxunto ao secretario e dous socorristas
O Concello oferta tres postos de traballo, un de carácter interino e dous temporais REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia O Concello de Xinzo oferta tres...

O Concello oferta tres postos de traballo, un de carácter interino e dous temporais

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

O Concello de Xinzo oferta tres postos de traballo público. Un de adxunto ao secretario e outros dous de monitores deportivos/socorristas para a piscina climatizada. Todos os interesados poderán encontrar as bases na páxina web do municipio, premendo aquí.

A vacante como secretario adxunto é de carácter interino e os aspirantes deberán optar ao posto por concurso de méritos. Ter nacionalidade española e un título universitario en Dereito, Ciencias Políticas e da Administración, Socioloxía, Administración e Dirección de Empresas, Economía ou Ciencias Actuarías e Financeiras, son algunhas das condicións imprescindibles.

No caso dos dous monitores, fanse necesarios para a atención dos bañistas na piscina climatizada durante o tempo que se manteña a baixa das dúas monitoras, que teñen dereito a reserva dos seus postos de traballo. A ocupación destas prazas será polo tanto de duración determinada por obra ou servizo determinado, un por 38 horas semanais e outro por 25, e a preselección tramitarase mediante a Oficina Pública de Emprego.