Xinzo celebra pleno ordinario o vindeiro mércores

pleno
Xinzo celebra pleno ordinario o vindeiro mércores

Entre outras cousas, debaterase unha moción de Xinzo Adiante á que finalmente se adheriron as demáis forzas políticas, para a realización dun estudo sobre a incidencia do cancro na Limia.

Este mércores, día 31 de maio, a partir das 11:00 horas da mañá, celebrarase plenario extraordinario no Concello de Xinzo de Limia.

O primeiro punto da orde do día, trala aprobación da acta anterior, versará arredor da "dación de contas" do rexedor independente de Xinzo, Antonio Pérez. En segundo lugar terá lugar a aprobación definitiva da "ordenanza xeral de subvencións", que se redactou ante a ausencia dunha norma que regulara as subvencións públicas municipiais a diferentesa asociacións e institución privadas. Esta ordenanza evitará a aleatoriedade na concesión de subvencións por parte do grupo de goberno.

Unha ordenanza evitará a aleatoriedade na concesión de subvencións por parte do grupo de goberno.

Así mesmo, realizarase unha pequena corrección do "plan económico-financeiro", pro imperativo legal e sen maior trascendencia.

O punto número 4 da orde do día versa sobre o "expediente de aprobación de crédito extraxudicial" de cara ao pago das facturas atrasadas que ficaron sen pagar no pasado ano 2016. Neste senso, ao non pagalas dentro dos orzamentos do pasado ano, debe pasar a aprobación do pago polo pleno municipal.

Todos os documentos oficiais expedidos pola administración local levarán o logotipo creado para a celebración do Día das Letras Galegas 2017 na honra de Carlos Casares

Tamén se debaterá arredor do convenio con Viaqua, a empresa privada de xestión da auga no municipio. O concello págalle un canon á empresa polo préstamo deste servizo e, afinais de ano, realízase un cálculo sobre posíbeis débedas entre os dous actores. Neste caso, Viaqua debe devolverlle a Xinzo entre 50 e 60 mil euros.

En sexto lugar debaterase unha moción conxunta de cara a que todos os documentos oficiais expedidos pola administración local leven o logotipo creado para a celebración do Día das Letras Galegas 2017 na honra de Carlos Casares. Deste xeito lembrarase toda a vida esa data a través desa sinatura permanente nos documentos oficiais.

Finalmente, debaterase unha moción de Xinzo Adiante á que finalmente se adheriron as demáis forzas políticas, para a realización dun estudo sobre a incidencia do cancro na Limia.