XINZO CELEBROU O DIA DE GALICIA

20150725_130901
XINZO CELEBROU O DIA DE GALICIA

Himno do antigo reino de Galicia, poemas e o Himno Galego

Na praza maior de Xinzo, estaba preparado un toldo para acoller os actos do día de Galicia.

20150725_125917O Concelleiro de Cultura Luís M. Gil, acompañados por membros da Corporación Municipal así como representantes da policía Local e representantes eclesiásticos, deu a benvida a todos os presentes e en particular as tres rapazas que logo lerían os poemas escollidos para o acto.

Este comezou coa interpretación do himno do antigo Reino de Galicia, interpretado por membros da Escola Municipal de Gaitas & Percusión do Concello de Xinzo de Limia, para a continuación as rapazas , membros do grupo de teatro ANEIS, leron un poema de Rosalía e outros de Carlos Casares e Antón Ribero .

A continuación o mesmo grupo de gaiteiros interpretaron o Himno Galego, que algún do público acompañaron.

Rematou o acto agradecendo novamente a presenza de todos os que naquel momento seguían o acto dende as terrazas das cafeterías da praza Maior.20150725_130847