Xinzo é o concello que máis gasta en persoal de toda a provincia de Ourense

concello
Xinzo é o concello que máis gasta en persoal de toda a provincia de Ourense

O 60% do orzamento anual terá como destino o pago de nóminas

A vindeira semana celebrarase o pleno municipal para proceder á aprobación do orzamento anual. En total serán uns 7 millóns e medio de euros, dos cales, o 60% vai directamente a pago de nóminas. Deste xeito, Xinzo convértese no consistorio de Ourense que máis partida destina ó pago de persoal e entra na lista de concellos de España que máis orzamento invirte en pagar ós seus empregados.

O gasto medio en pago de nóminas dos concellos galegos soe estar entre un 30 ou 40% por cento, Verín por exemplo destina un 31% ou Allariz un 35%, no caso de Xinzo duplícase e alcanza un 60%.

Actualmente o concello conta con 140 traballadores, segundo recolle o xornal La Voz de Galicia, no 2003 eran 83 empregados.

A opinión na rúa é unánime, ninguén entende porque o concello conta con tanto persoal e se gasta máis da metade do orzamento anual en pagar nóminas. Consideran algúns veciños e veciñas que se debería facer unha "limpeza de persoal" pois algúns sinalan que a maioría dos empregados desenténdese das súas funcións.

Neste senso o alcalde hai uns anos traballou coa posibilidade de levar a cabo un ERE. Con todo, a proposta non foi adiante e o concello é un dos que máis invirte en pagar nóminas ós seus traballadores.