Xinzo conta con nove puntos wifi de balde para toda a cidadanía

wifi
Xinzo conta con nove puntos wifi de balde para toda a cidadanía

A conexión a Internet de balde en Xinzo é posible a raíz da instalación de nove puntos wifi por toda a vila. A rede aberta implantouse no pavillón municipal de deportes, na piscina climatizada e a exterior, Parque do Toural, Escola de Banda de Gaitas, Praza Carlos Casares, Conservatorio de Música, Casa da Cultura e A Moreira.

Para conectarse tan só hai que buscar o nome da rede e introducir a contrasinal que aparece nos carteis de zona wifi situados en cada un dos puntos de conexión. A rede está preparada para garantir unha cobertura de calidade con 30 persoas conectadas ó mesmo tempo.

Os puntos de acceso a Internet están preparados para soportar condicións meteorolóxicas adversas. Durante a tempada de verán funcionarán ata as 00h da noite e en inverno ata as 22h.

O proxecto púxose en marcha a través da empresa Niotek Soluciones Informáticas de Celanova coa aportación económica da Deputación de Ourense.