Xinzo contará dende mañá cunha nova praza

Praza da música 1
Xinzo contará dende mañá cunha nova praza

Ás 20:00 inaugurarase con un concerto

Mañá 06.05.22 a partir das 20:00 Xinzo contará cunha nova praza a carón da de Carlos Casares.

Entre o concello a casa da Cultura e o edificio do Conservatorio atópase a que a partir de mañá a tarde será unha nova praza que se chamará como non podía ser doutra maneira a Praza da Música.

20220505_211928
Deseño da nova praza

CONCERTO PARA INAUGURALA

Esta praza que dará digna entrada ao Conservatorio de Xinzo (CMUS), inaugurarase con un concerto de máis de un cento de músicos , todos eles alumnado do propio conservatorio.

Esta praza conta cunhas características específicas, entre elas que no chan está decorada coa partitura do himno da Alegría.