Xinzo enche o verán de actividades culturais e deportivas: máis de 60 nos meses de xullo e agosto

Presentación verán cultural
Xinzo enche o verán de actividades culturais e deportivas: máis de 60 nos meses de xullo e agosto

A partir do domingo, todas as fins de semana de xullo e agosto terán polo menos dúas actuacións e algunhas ata catro, tamén os venres

Dende que o Goberno local acordou suspender as festas patronais como consecuencia da crise sanitaria, tal y como fixeron a inmensa maioría de concellos, púxose a traballar nun amplo programa de actividades, sempre reducidas e con estritas medidas de seguridade. O resultado dese traballo é a programación (en colaboración con outras administraciones y asociacións) de máis de 60 actividades para os meses de xullo e agosto, de tal xeito que a partir do día 5 non haberá ningún fin de semana no que non se programe algo, tanto o sábado como o domingo ou incluso o venres.

“Tras semanas de duro confinamento, agora chega a Xinzo o tempo da cultura, o deporte saudable e o divertimento, sempre responsable e seguro”, explicaron a alcaldesa Elvira Lama e os concelleiros de Cultura, Ramiro Rodríguez, e Deporte, Rafa Penabad.

É por elo que o Concello de Xinzo, en colaboración con outras administracións e asociacións, está a programar unha morea de actividades para este verán. Son xa arredor de 60 as que están pechadas, do máis variado e sen descartar que se podan incluír ou confirmar máis.

Nunca Xinzo programara tantas actividades para o verán. Abarcan desde a música a teatro, monólogos, espectáculos de humor e maxia, xogos populares, desfiles, obradoiros, exposicións ou tres campamentos (infantil, de fútbol e baloncesto). A esta programación hai que sumar actividades de ximnasia, zumba, baile moderno ou pilates, todas elas dirixidas por monitores e ao aire libre, na Alameda do Toural. Todo concentrado durante os meses de xullo e agosto.

As actuacións e actividades están pensadas en formatos reducidos, con limitación e control de aforo e seguindo estritamente os protocolos de seguridade. O Concello pretende que despois de ter vivido os que posiblemente foran os peores meses das nosas vidas, agora toca que este sexa o mellor verán para os veciños e veciñas de Xinzo de todas as idades.

O programa foi feito público hoxe pola alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e os concelleiros de Cultura, Ramiro Rodríguez, e Deportes, Rafa Penabad.

Os tres coincidiron en subliñar que o esforzo e sacrificio realizado polos veciños e veciñas de Xinzo durante este duros meses precisa agora de algo de distensión e distracción, ao que esperan que contribúan o programa cultural e deportivo elaborado polo Concello.