XINZO ESTÁ DE FESTA

Cartel anunciador das festas 2014 de Xinzo
XINZO ESTÁ DE FESTA
A festa este ano "VAI POR BARRIOS". Esta é a principal novidade das festas 2014, que onte a mañá presentaron...

A festa este ano "VAI POR BARRIOS". Esta é a principal novidade das festas 2014, que onte a mañá presentaron no concello o propio alcalde, xunto con concelleiros e os membros da comisión organizadora.

 

Esta mesma noite(xoves) comezarán cunha verbena na praza Carlos Casares a cargo da orquetra Pontevedra. En días e noites sucesivos as festas pasarán pola Praza Maior, a rúa do Toural, para rematar o domingo na rúa Río Arnoia. Ademais dos bailes, con “sesión vermout” haberá un montón de actividades, tanto deportivas como culturais, para nenos e maiores, entre os que destaca un concurso de pintura rápida ós epectáculos infantís “A maxia de Xabi” Polos pelos” e “Pepiña e “Maruxiña queren voar” . O presuposto acércase ós 35.000€ dos cales 20.000, son aportados polo Concello, e o resto pola colaboración da hostalería. Sobre este tema o Alcalde apuntou a escasa colaboración dos veciños e Él entende que as festas debías organizar o pobo, non o Concello.