Xinzo gardará un minuto de silencio no Concello en memoria de Diana Quer

minuto
Xinzo gardará un minuto de silencio no Concello en memoria de Diana Quer

Será ás 12:00 horas na Casa do Concello da capital da Limia.

Mañá xoves, día 4 de xaneiro, o Concello de Xinzo de Limia, ao igual que outras moitas institucións de Galicia, gardarán un minuto de silencio polo triste desenlace do caso de Diana Quer.

Este terá lugar ás 12:00 horas da mañá no exterior da casa consistorial.