Xinzo de Limia, na vangarda artística co I Certame de pintura mural “Matrioska”

presentacion.I.certamen.pintura.mural.matrioska.01
Xinzo de Limia, na vangarda artística co I Certame de pintura mural “Matrioska”

Artistas de belas artes pintarán paredes de edificios co obxectivo de recuperar espazos da vila, incentivar a actividade artística e reivindicar Xinzo como un lugar de creatividade

A actividade, que co-organizan a Deputación de Ourense, o Concello e \“Espacio Matrioska\”, \“sitúa a Xinzo como un municipio que aposta pola innovación artística e a mocidade\”, afirma Manuel Baltar

Xinzo de Limia organiza entre os días 5 ao 12 de xullo unha actividade que o sitúa á vangarda artística entre as vilas que promoven iniciativas creativas relacionadas ca arte. Trátase do I Certame de pintura mural \“Matrioska\”, que converterá a capital da Limia nun \“gran lenzo\” onde artistas de ámbito nacional e internacional pintarán nas paredes medianeiras de sete edificios obras de arte creadas por eles \“para reivindicar Xinzo como un lugar de creatividade e achegar ao público o noso traballo artístico\”, explicou Iván Prado, representante do movemento \“Espacio Matrioska\”, na presentación do evento.

A actividade, que co-organizan a Deputación de Ourense, o Concello e \“Espacio Matrioska\”, \“sitúa a Xinzo como un municipio que aposta pola innovación artística e a mocidade\”, afirmou Manuel Baltar, engadindo que unha vez máis a nosa provincia sitúase na vangarda creativa, como xa acontece co Ourense ICCWeek e agora con este certame, que representa unha das modalidades máis antigas de creación artística, con referentes no paleolítico, logo no Renacemento e na actualidade na cultura do graffiti\”.

O presidente do goberno provincial destacou que talento e creatividade \“van da man nunha iniciativa que posiciona a Xinzo como un municipio achegado á arte e que abre novas perspectivas aos creadores\”, unha opinión que foi referendada polo alcalde da vila quen afirmou que esta é tamén \“unha forma de promocionarse para os novos artistas, favorecendo unha convivencia cultural con outros creadores e interactuando en directo, na mesma rúa, co público\”. Antonio Pérez agradeceu o apoio da Deputación de Ourense a esta iniciativa e ao colectivo \“Espacio Matrioska\” \“o pulo que lle está a dar ás disciplinas artísticas, acompañado da dinamización do rural, a promoción e o reclamo turístico\”.

Os murais que pintarán os artistas serán seleccionados pro un xurado e realizaranse como anticipo e reclamo das festas patronais de Xinzo. A temática das obras será libre e os creadores disporán de todo material necesario para a realización das pinturas así como do andamiaxe acaído para realizar seu traballo.

Os promotores desta iniciativa, \“Espacio Matrioska\”, é un colectivo de intercambio, arte, aprendizaxe e convivencia que reúne a novos artistas que tentan abrirse camiño no ámbito laboral das belas artes. Entre os próximos proxectos que van levar a cabo figura a creación dunha residencia de artistas, a organización dun festival de artes e músicas, e un mercado de artesanía.