XINZO DE LIMIA E PONTE DE LIMA, REAFIRMAN O SEU HIRMANAMENTO DESPOIS DE 30 ANOS
20:11 29/08/14
20:11 29/08/14
Aproveitando a visita a Xinzo de Limia do Presidente da Cámara de Ponte de Lima, Víctor Mendes firmouse outra vez...
Aproveitando a visita a Xinzo de Limia do Presidente da Cámara de Ponte de Lima, Víctor Mendes firmouse outra vez o protocolo actualizado despois de 30 anos de vixencia
Na firma estaban presentes por parte portuguesa O Presidente e o Vicepresidente, veriador(Concelleiro) de Medio Ambente e por parte de Xinzo estaban o Alcalde Antonio Pérez , ós tenentes de alcalde e o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez. No mesmo acto fóiselle dando forma a próxima xuntanza o día 1 de outubro, que se define como ABRAZO DO RIO LIMIA, a cal acudirán ata 75 alumnos dos centros educativos de Xinzo e participarán durante dous días das actividades que alí se celebrarán conxuntamente con alumnos da localidade de Ponte de Limia. Unha vez rematada a firma e despois dun almorzo ofrecido polo noso Concello , Carlos Gomez, fixo de cicerone ós ilustres invitados, visitando varios lugares de interés, entre eles o Hipódromo de Antela e as obras que neste momento se están a levar no río Limia o paso por Xinzo. Unha cuestión de interés exposta polos mandatarios portugueses foi a de facerse cunha parella de raza Limiá, para un centro de recuperación que teñen na súa localidade. Outra das preocupacións que transmitiron os representantes da cámara portuguesa, foi o estado do río o paso polo seu municipio, loxicamente contaminado coas cianobacterias do embalse das Conchas.