Toda a Limia menos Xinzo en nivel medio alto

Pte. da Xunta
Toda a Limia menos Xinzo en nivel medio alto

Sarreaus sae do illamento perimétrico

Na rolda de prensa desta mesma mañá, o Pte. da Xunta deu a coñecer as medidas xerais da comunidade e dos concellos en alerta máxima en particular.

A nivel xeral, as reunións serán dun máximo de 4 persoas

O toque de queda adiántase ás 22 horas

A hostalería e restauración poderán abrir ata as 18 horas, no caso de Xinzo con servicio solo de terraza ao 50% e como máximo 4 persoas xuntas.

O horario de peche do comercio fíxase ás 21,30 horas

Incide en que o Goberno galego seguirá apoiando ao sector da hostalería, cun novo paquete de medidas, ante as restricións que entran en vigor a partir do venres

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe aos galegos máxima prevención e anunciou que toda Galicia estará, desde o venres e, “probablemente, ata mediados de febreiro”, nos dous niveis máis altos de protección do protocolo contra a pandemia.

“A partir das 18 horas, a actividade da hostalería e restauración non estará permitida, e iso significa que tampouco se deben, a partir desa hora, reunir non conviventes nos domicilios”, engadiu.

Durante a súa comparecencia para dar conta das medidas acordadas no comité clínico, Feijóo explicou que, con carácter xeral, aplicarase o nivel medio-alto en toda a Comunidade, se ben, nas zonas de maior incidencia aplicarase o nivel de máxima restrición., neste caso encóntrase o concello de Xinzo. “E mantemos o peche da Comunidade que se decretou xa hai varias semanas”, recordou.

No comercio, o aforo nas tendas tamén segue á metade, pero reforzarase a vixilancia nos centros comerciais, onde quedará prohibido permanecer nas zonas comúns, permitíndose só o tránsito para entrar e saír das tendas.