Xinzo pasará hoxe a noite (martes) a nivel MEDIO-ALTO

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reúnese por videoconferencia co comité clínico de expertos sanitarios. Monte Pío, Santiago de Compostela, 28/12/20.
Xinzo pasará hoxe a noite (martes) a nivel MEDIO-ALTO

Volve a limitación de movilidade fora do Concello

1

A medida entrará en vigor mañá martes ás 24:00

NIVEL MEDIO-ALTO:
Hostelería: con un 30% interior y 50% en exterior hasta las 17.00 horas.
Reuniones: grupos de un máximo de 4 no convivientes.
Movilidad: limitada al perímetro

O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión de hoxe pola tarde, que os concellos de Viveiro, Verín, Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, Noia e Lousame pasan ao nivel máximo de restricións. Verín, Monterrei, Castrelo do Val e Cualedro forman un perímetro conxunto, o mesmo que fan Noia e Lousame.

Así mesmo, decidiu suavizar as medidas restritivas nos concellos de Lugo, Ponteareas e Rodeiro, que pasarán ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade.

Igualmente, o comité clínico acordou que os concellos de Redondela, Barro, Xinzo de Limia, Carral, Xove, Muros, Outes, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal pasan ao nivel medio-alto de restricións.

Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia deste martes e entrarán en vigor ás 00,00 horas do mércores.