A Consellería de Medio Rural destina 100.000 euros ó Concello de Xinzo para reparar os danos provocados polo temporal que afectou a zona en primavera. As intensas choivas provocaron riadas que destrozaron cunetas e pistas.
O diñeiro vai permitir limpar as zonas máis afectadas e repor o firme nun total de 20 quilómetros. As obras darán comezo nas próximas semanas, segundo fontes municipais.
Polo momento do que non hai constancia é da chegada dunha subvención da man do Goberno estatal. No seu momento os concellos da Limia solicitaron a declaración de zona de emerxencia polos danos que causaron as fortes choivas na agricultura, nos meses de abril e maio. A día de hoxe os municipios afectados non teñen confirmado que se vaia producir dito recoñecemento.