Xinzo quinto concello ourensán en poboación

Xinzo quinto concello ourensán en poboación

Segundo o IGE a vila alberga 10.307 habitantes, pero as previsións avanzan unha caída do 17,09% na próxima década

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Segundo as cifras reveladas polo Instituto Galego de Estatística, soamente seis concellos en toda a provincia de Ourense superan os 10.000 habitantes, e Xinzo de Limia é o penúltimo da lista con 10.307. Ourense, Verín, Carballiño e O Barco son a vangarda dunha provincia que perderá na próxima década unha media de 3.500 persoas ao ano.

As “proxeccións de poboación a curto prazo” que elabora o IGE amosan que no caso concreto das comarcas bañadas polo río Limia, a caída poboacional ata 2023 será dun 17,09% deixando á zona sur da provincia con 14.735 habitantes menos. E por cada neno que naza, falecerán 5 persoas, dando lugar a un cómputo de 14.388 defuncións por non máis de 3000 alumbramentos.

Cifras alarmantes na Baixa Limia

O caso concreto da Baixa Limia deixa resultados alarmantes pois esta comarca xunto con outras catro da provincia, Terras de Celanova, Terras de Trives, Terra de Caldelas e o Ribeiro, perderá un cuarto da súa poboación para 2023.