Xinzo será a cuna da PERCUSIÓN

12248151_884888991609720_556239166667210719_o
Xinzo será a cuna da PERCUSIÓN

Dende as 10:00 ata as 20:30 do sábado 5 de decembro a percusión soará na Casa de Cultura da vila.
Celebrarase a 1ª Xuntanza de Percusionistas. Denominado PERKUTA
Dende a batería, a percusión Sinfónica , a electrónica para chegar a denominada \“alta tensión\”, para bandas de guerra. Así como un taller de percusión que levarán a cabo para nenos na Praza Carlos Casares.
O fin da xornada haberá un concerto nunha cafetería da praza maior coa entrega de diplomas a tódolos participantes.
A inscrición será gratuíta no Tf. 650 439 761. Esta xornada está organizada pola Agrupación Musical da Limia, coa colaboración do Concello de Xinzo.