Xinzo será sede dunha extensión universitaria da UNED de Ourense

IMG-20171004-WA0005
Xinzo será sede dunha extensión universitaria da UNED de Ourense

O Centro UNED de Ourense presenta o curso INICIACIÓN Á DIRECCIÓN DE BANDA DE MÚSICA

Na sede a UNED de Ourense presentouse hoxe á mañá o curso de Extensión Universitaria: INICIACIÓN Á DIRECCIÓN DE BANDA DE MÚSICA, de 68 horas de duración e a realizar en Xinzo de Limia entre o 17 de novembro ao 22 de abril de 2018.

A actividade formativa, coordinada por José Tielas Santiago, Coordinador de Escola Galega de Dirección de Banda, ten como obxectivo dar unha resposta a unha demanda da sociedade musical ao non existir ningunha titulación académica nos conservatorios de música respecto da formación como Director musical de Banda, a pesar da importante actividade neste campo que existe no noso país.

O director do Centro da UNED de Ourense, institución que este ano cumpre a súa XXV aniversario da súa creación no ano 1992, resaltou que con esta iniciativa, ademais dos ensinos regrados oficiais da UNED, o Centro Asociado continúa a súa política de achegar a Universidade ao medio rural e colaborar coas institucións e axentes sociais naquelas demandas e propostas formativas que sexan viables e de interese.

Jaime Collazo, presidente da Agrupación Musical dá Limia, manifestou que sente satisfeito e orgulloso de que a UNED axude cubrir un oco na formación específica na dirección musical de Banda.

Por parte dun dos docentes presentes no acto de presentación, Javier Viceiro, profesor do Conservatorio de Música de Vigo, é importante resaltar que este curso conta coa presenza de profesorado internacional de prestixio, como o italiano Andrea Loss, do Instituto Superior Europeo Bandístico en Trento e o holandés Jan Cober do Conservatorio de Maastricht.

O concelleiro de Cultura do Concello de Xinzo de Limia, Luís Miguel Gil, agradeceu á UNED a colaboración e apoio nesta iniciativa que transformará a Xinzo de Limia na capital educativa da Dirección da Banda de Música e que se concentrará en fins de semanas intensivos nos meses de novembro deste ano e de xaneiro, febreiro e abril do 2018.

Esta actividade formativa conta con 15 prazas e ten un prezo único de 400 euros de matrícula.