Xinzo sobe a 216 casos positivos

videoconferencia Elvira Lama
Xinzo sobe a 216 casos positivos

61 novos casos dende os datos do sábado

Ante a preocupación pola situación epidemiolóxica no noso concello e co dato de hoxe, 216 casos activos, a Consellería de Sanidade acaba de pedir un esforzo adicional aos veciños e veciñas de Xinzo. Acaba de anunciar medidas máis restritivas a sectores como a hostalería e o comercio non esencial, que se publicarán no DOG e entrarán en vigor as 00:00 do xoves.

Debido a incidencia acumulada nos últimos días que alcanza os 1.946/ 100.000 hab. recomendase reducir ao máximo a mobilidade da poboación, e saídas só para actividade máis esencial.

Quero recoñecer e agradecer a tódolos sectores afectados en especial ao comercio e a hostalaría de Xinzo a súa comprensión e total colaboración, en relación coa situación que estamos a padecer.

Dende o Concello faremos todo posible para activar axudas e demandar de outras administracións que fagan o mesmo.

Desexo que a situación sanitaria mellore o antes posible coas medidas que acaban de adoptar e que tod@s xuntos podamos saír deste pesadelo.

Moito animo, moita precaución e moita responsabilidade!

Cóidate e coida dos teus.!