Elvira Lama solicita que a vacinación dos maiores se faga en Xinzo

Elvira Lama Foto arquivo Pleno
Elvira Lama solicita que a vacinación dos maiores se faga en Xinzo
Solicítallo ao Conselleiro de Sanidade por carta

Estimado Julio, Conselleiro de Sanidade:

Diríxome a ti como máximo responsable do Sergas e por tanto con competencias para tomar resolucións a un problema que é grave: CAMPAÑA DE VACINACIÓN COVID-19 DOSE DE RECORDO PARA A POBOACIÓN MAIOR DE 80 ANOS. Consultado o padrón municipal en Xinzo temos censados, 1.061 maiores desa idade.

Esta campaña que empeza maña venres dia 7 de outubro e na que se esta a notificar vía SMS as persoas de 80 anos en adiante, para que acudan aos vacunodromos habilitados ao efecto a unha hora determinada provoca serios e graves problema que paso a relatar:

1.- En canto a traslado, pola dispersión da poboación, no Concello de Xinzo hai 22 parroquias con numerosas aldeas, algunhas que distan da vila mais de media hora en coche, e case 45 minutos en autobús, aos que hai que engadir media hora mais por autovía ata Ourense, onde vai estar habilitado o punto de vacinación (EXPOURENSE). Unha hora e media de viaxe, mais a espera para o retorno poden converterse en toda unha maña para recibir A VACINA EN Ourense. Cando esta mesma vacina foi administrada en ocasións anteriores nos Centros de Saúde.

2.-Persoas de idade avanzada que non dispoñen de vehículo propio ou non contan na súa aldea con transporte publico tódolos dias ou xa non se atreven a conducir ata a capital da provincia.

3.-Custe económico para acudir ata Ourense en servizo de taxi (ida e Volta) si a cita non se adecúa aos horarios dos autobuses de liña regular, que os deixan en Xinzo e despois en taxi ata a súa casa.

4.-Custe para os membros das familias que teñan que deixar o seu posto de traballo para acompañar a estas persoas maiores ata Ourense, ida e volta, no mellor dos casos unha xornada.

Valoramos moi positivamente que protexamos a saúde dos nosos maiores, pero non debemos poñer en risco o rexeitamento a vacinación polo decisión da Consellaría de que o punto para facelo este tan distante do Centro de Saúde que os veciños e veciñas de Xinzo teñen mais preto do seu fogar. O esforzo económico para levar a cabo esta CAMPAÑA DE RECORDO NA VACINA DO COVID-19 non pode recaer na poboación mais vulnerable as enfermidades, con polipatoloxías, con dificultade para os desprazamento, e con menores rendas económicas para financiar os desprazamentos a capitalidade, como acontece no rural do interior de Ourense, e concretamente no Concello de Xinzo de Limia.

Na procura de que esta situación sexa reconsiderada e a petición atendida solicitoche:

Que se dispoña dos medios humanos e materiais para que a campaña de vacinación se faga no noso concello, ben no Centro de Saúde ou poñemos ao dispor o Pavillón Polideportivo, como xa fixemos para os cribados.