A Xinzo tócalle a "pedrea" de Cristobal Montoro

Casa_do_concello,_Xinzo_de_Limia,_Ourense_12
A Xinzo tócalle a "pedrea" de Cristobal Montoro

No lado contrario atópase Sandiás, ao que lle quita case 12.000 €.

Tódolos finais de ano, o Ministerio de Facenda fai as contas cos concellos das liquidacións que lle fixera dous anos antes. Da liquidación definitiva de impostos que comparte cos concellos, o Ministerio faille a conta final e, no correspondente ao ano 2014, tódolos concellos da Limia recibirán cartos adicionais, excepto Sandiás.

A contía maior corresponde neste caso a Xinzo, cunha achega extra de pouco mais de 8.000 €. Destacan as cantidades de 7,45 € a Cualedro e 35,75 € a Lobeira.

A continuación poden ver o extracto feito por dendealimia.com correspondente aos 17 concellos da Limia.

11