O encontro disputouse onte pola tarde e saldouse cunha vitoria por tres goles a un contra as Rousabotas
REDACCIÓNCon máis de trescentas cincuenta persoas animando ás xogadoras do Xinzo United e do Rousabotas, iniciábase onte ás 19.30 horas, no pavillón municipal da vila, a final de liga de verán feminina de fútbol sala. O partido saldouse ca vitoria das rapazas do Xinzo United por un cómodo 3 a 0.
Este campionato disputouse entre os meses de xullo e agosto, e os equipos participantes foron As Trisqueliñas, Entroideiras, Trebello F.S, Rousabotas e Xinzo United.
Novos horarios da piscina climatizada
A Concellería de Deportes e Educación do Concello de Xinzo ven de aumentar os horarios da piscina climatizada, co fin de dar mellor cobertura aos máis de 2000 usuarios que utilizan estas instalacións.
A partir do luns día dous de setembro, co lema antes ou despois de xantar ven un pouco a nedar, a piscina abrirá ao público desde ás 6.30 horas ata as 23 horas de xeito ininterrompido, os luns, mércores e venres. O resto de días da semana o horario será de 6.30h a 12.30 h e de 15.30h a 23h. O limiaos poderán desfrutar destas instalacións tamén durante a fin de semana, de 8h a 13h e de 17h a 20h, o sábado e de 10h a 13h, o domingo.
Despois de dous anos de xerencia municipal, o concelleiro de Deportes, Luis Miguel Gil móstrase satisfeito polo éxito de ocupación e o servizo prestado os usuarios e usuarias. Ademais, o edil recordou que desde que asumiu a xestión da piscina, produciuse un aforro de más de 70.000 euros para as arcas municipais.
Aberto prazo de inscrición para as actividades
Nesta nova tempada que comeza continuarán tamén os diferentes cursos de aprendizaxe, perfeccionamento, aquagym, natación para embarazadas e bebés, aerobic, pilates, así coma as actividades dos centros sociais e ampas. Para todos eles está xa aberto o prazo de inscrición.