En Xinzo viven máis de 1.000 persoas que non están censadas

279
En Xinzo viven máis de 1.000 persoas que non están censadas

Este problema temos que solucionalo entre todos

López Casas, alcalde de Xinzo de Limia, manifestou a súa preocupación, non so como alcalde, se non como representante de todos os veciños e veciñas pola situación actual do censo no noso Concello de cara a data tope do 15 de xaneiro do 2019, que se tomará como referencia para as eleccións municipais, pero sobre todo pola merma na aportación estatal as arcas municipais.

Estas manifestacións veñen dadas a pregunta sobor do escrito presentado polo Partido Socialista, no que solicitan un infiorme de Secretaría sobre as consecuencias de non acadar a cifra doos 10.000 habitantes a 31 de decembro.

Loxicamente os servicios técnicos de Secretaría e Intervención están a elaborar o informe que será presentado, tanto os membros da corporación que o solicitaron como a poboación en xeral.

En primeiro lugar manifesta que sobre 1000 personas que residen e fan vida en Xinzo, están empradonadas en concellos limítrofes, isto que é totalmente respetable para o noso concello é contraproductivo.

A reducción de poboación en Xinzo fai que se teña sobre a mesa reducir a 13 os concelleiros, e non só iso, senón que tamén se perde unha gran cantidade de ingresos.

"Con que o veciño teña algún recibo de luz, auga... xa serve para empadronarse" especifíca o alcalde, volvendo a pedir que se revisen os criterios de empadronamiento.

O alcalde di que o grupo do concello está disposto a escoitar calquer proposta que axude a que Xinzo volva pasar a barreira dos 10,000 habitantes, a pesares de que a normativa que hoxe en día segue vixente permita facer empadronamentos totalmente irregulares.

ESTUDOS PARA ACOMETER ALGUNHA ESTRATÉXIA QUE RESULTOU NOUTROS CONCELLOS

278Estase a estudar unha estratexia xa aplicada en outros concellos por exemplo, para apelar a sensibilidade desta xente que comete irregularidades no empadroamento deixando claro que, senón se apoia o Concello no que se reside, non se poden optar a mellores condicións, tanto políticas a nivel de unha maior capacidade de xestión coma sociais, pois a falla de presuposto para renovar a facer funcionar correctamente os servizos como o conservatorio, as piscinas, o pavillón ou nas distintas áreas de deportes, que requiren traballo e poboación, ademáis dos presupostos.

"Se estes empadronamentos irregulares non se desen, o concello de Xinzo contaría con máis de 11,000 habitantes, pero a raíz desto estamos a cento e poucos dos 10,000" aclaranos.

Os incentivos para que a xente se empadroe, ademáis desta estratexia social, reside na conxelación do IVE para que non incrementase. Este ano seguese pensando en conxelar tanto o IBI rústico ou urbano, pois por mor do plan de axuste non se poden rebaixar as tasas.

Tamén nos comenta que as forzas de seguridade do estado están traballando de forma activa cando se dan indicios de que se está dando unha situación irregular coma esta, pero sen denuncias non se pode levar a cabo.