Xornada complicada nas estradas secundarias debido á auga acumulada

toxal
Xornada complicada nas estradas secundarias debido á auga acumulada

Poucas precipitacións pola mañá que irán a máis segundo avance o día

A auga que caeu o domingo trouxo as primeiras consecuencias nas estradas secundarias. O tramo que comunica O Toxal coa Saínza, amenceu cuberto de auga. Unha gran balsa tapaba o asfalto o que obrigou a conducir con moita precaución pola zona.

O mesmo acontecía na estrada de Ponte Liñares onde unha gran balsa de auga atravesaba o carril dereito en dirección a Xinzo de Limia.

En Arnuide, no concello de Vilar de Barrio, o río Arnoia desbordouse e a auga cubría parte da calzada na zona da ponte.

A intensa choiva que caeu durante toda a fin de semana déixanos imaxes de leiras asolagadas pola comarca.FINCAS

Os ríos aumentaron o seu caudal de maneira considerable. O Limia o seu paso por Xinzo pasou de estar practicamente seco a subir o seu nivel de auga ata case rozar as pontes que o atravesan. limia

A previsión meteorolóxica anuncia choivas para esta tarde, con todo non serán tan intensas como estes días. Haberá que agardar ata o mércores para volver subir a alerta ante posibles desbordamentos de ríos, coa entrada dunha nova fronte.