A Xunta aproba un plan que regula a extracción de áridos en Sandiás e Vilar de Santos

areas
A Xunta aproba un plan que regula a extracción de áridos en Sandiás e Vilar de Santos

A actuación afectará a 7 millóns de metros cadrados dos que a metade están sen explotar

O plan sectorial de incidencia supramunicipal ponse en marcha coa intención de fixar límites xeográficos e superficies e establecer as condicións e prazos de extracción.

O goberno galego sinala que a iniciativa busca impulsar actividades nas nove industrias mineiras que existen na comarca da Limia e que supoñen 240 postos de traballo de maneira directa e indirecta. Unha labor que produce ó ano máis de 3 millóns de toneladas de area.

O proxecto está pensado para planificar unha explotación racional dos recursos e restaurar o terreo, podendo recuperar parte da Lagoa de Antela.

A Xunta destaca que con este plan pretenden "apostar por unha minería sostible que garanta o investimento e cree riqueza en Galicia ó mesmo tempo que se respecta o medio natural".

Unha vez que o plan supramunicipal foi ratificado polo consello da Xunta, o seguinte paso é establecer os trámites para a súa información pública e a presentación do proxecto técnico como tal.