A Xunta investirá este ano 4,2 millón de euros en promoción da igualdade na provincia

260617 Axudas Igualdade
A Xunta investirá este ano 4,2 millón de euros en promoción da igualdade na provincia

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, mantiveron unha xuntanza cos representantes municipais e persoal técnico para explicarlles esta liña de subvencións.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantiveron esta mañá unha xuntanza coas persoas responsables e persoal técnico dos 92 concellos da provincia ourensá para informarlles da nova convocatoria do Goberno galego de axudas e subvencións aos concellos para a promoción da igualdade. Concretamente, ao abeiro desta convocatoria a Secretaría Xeral da Igualdade pretende apoiar e consolidar as actuacións que se están levando a cabo desde as administracións locais en materia de prevención e eliminación da violencia de xénero, de conciliación así como tamén apoiar a rede de centros de información ás mulleres (CIM) existentes en Galicia.

Estas axudas contan cun orzamento este ano de máis de 4,2 millóns de euros.

Estas axudas contan cun orzamento este ano de máis de 4,2 millóns de euros- cofinanciados nun 80% polo Fondo Social Europeo- e están dirixidas a concellos, consorcios, mancomunidades ou agrupación ou asociacións de concellos. Ao abeiro da convocatoria anterior destas subvencións 40 concellos da provincia de Ourense recibiron un total de 540.000 euros.

O Consello da Xunta autorizou a concesión de anticipos de ata o 75 por cento das subvencións concedidas

Accións subvencionables

A resolución que se vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) engloba os tres mesmos programas de colaboración coas entidades locais que os contemplados na anterior:

- Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

- Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

- Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (CIM).

O Consello da Xunta autorizou a concesión de anticipos de ata o 75 por cento das subvencións concedidas nalgún destes tres programas, que estarán cofinanciados nun 80% polo Fondo Social Europeo.

260617 Igualdade concellos

A primeira da liña de axudas é o programa de fomento da conciliación, que permitirá aos tomar medidas para para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras. Conta cun orzamento total que supera os 494.000 euros. A contía máxima que pode recibir unha entidade local por este programa é de 12.000 euros no caso de solicitude individual, e ata 22.000 euros se é unha solicitude conxunta de varios concellos.

A segunda liña de axudas está destinada ao programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

A segunda liña de axudas está destinada ao programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, grazas á cal as entidades locais poderán subvencionar accións de intervención de carácter integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero, coas súas fillas e fillos, así como coas persoas delas dependentes e actuacións dirixidas á loita contra a explotación sexual en xeral e a prostitución en particular. O orzamento desta liña de axudas é de 352.000 euros, e a contía máxima que pode recibir unha entidade local por este programa é de 10.000 euros no caso dunha solicitude individual, e ata 20.000 euros se é unha solicitude conxunta de varios concellos.

O Goberno galego subvenciona as prazas para persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido para prestar servizos no CIM.

E finalmente, está o programa de apoio aos Centros de Informacións á Muller (CIM), que ten como obxectivo de reforzar a funcionalidade dos CIM e consolidar os postos e o perfil profesional das persoas que prestan servizos neles. Así, o Goberno galego subvenciona as prazas para persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido para prestar servizos no CIM de a atención a mulleres en situación de vulnerabilidade; e a contratación laboral temporal ou mercantil de profesionais para a prestación dos servizos de asesoramento xurídico ou de atención psicolóxica, así como para levar a cabo as funcións de axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero. A contía máxima que pode recibir unha entidade local por este programa é de 45.000 euros no caso dunha solicitude individual e ata 120.000 euros no caso dunha solicitude conxunta.