A Xunta Local de Seguridade reuniuse este luns no concello de Xinzo

51
A Xunta Local de Seguridade reuniuse este luns no concello de Xinzo

A criminalidade na comarca de A Limia mantén unha liña descendente en 2017

Os datos que reflicten as estatísticas amosan unha continuación á baixa do número de infraccións penais rexistradas na comarca de Xinzo en 2017 con respecto ao ano anterior.

O subdelegado do Goberno eloxiou o <<magnífico traballo que exercen as Forzas e Corpos de Seguridade en sintonía coa Policía Local>>, pero precisou <<que estes bos resultados non nos deben levar a ser conformistas no noso esforzo a prol da defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns>>do número de delitos contra o patrimonio.

O Concello de Xinzo de Limia acolleu unha reunión da Xunta Local de Seguridade, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e Tenente de Alcalde do concello de Xinzo, Manuel López Casas, e na que participaron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local.

Previa aprobación da acta da Xunta de Seguridade do 15 de febreiro de 2017, os representantes das diferentes Forzas e Corpos de Seguridade e Policía Local foron dando conta dos informes en materia de seguridade que afecta aos concellos de Xinzo da Limia, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás e Vilar de Santos.

52Os datos que reflicten as estatísticas amosan unha continuación á baixa do número de infraccións penais rexistradas na comarca de Xinzo en 2017 con respecto ao ano anterior, así como tamén do número de delitos contra o patrimonio. Tamén descenden as infraccións penais sen delitos contra a seguridade vial, e pola contra aumentan as infraccións administrativas de xeito considerable.

Trala avaliación dos datos estatísticos, na reunión tamén se abordou o dispositivo de seguridade que se vai por en marcha nas Festas do Entroido; que se concretou nunha planificación detallada de efectivos e medios, debidamente coordinados para que as actividades programadas dentro destas celebracións se desenvolvan con normalidade

DECLARACIÓNS

Roberto Castro eloxiou o <<magnífico traballo que exercen as Forzas e Corpos de Seguridade en sintonía coa Policía Local>>, pero precisou <<que estes bos resultados non nos deben levar a ser conformistas no noso esforzo a prol da defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns>>.Respecto ás Festas do Entroido, o subdelegado do Goberno, agarda que esta importante celebración para Xinzo e a súa comarca <<siga a servir de exemplo de comportamento festivo cívico e cordial, entre tódolos veciños e o gran número de visitantes que veñen de fora>>.