A conselleira de Medio Rural pediulle apoio ó Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para financiar o proxecto de regadío na Limia. Ángeles Vázquez trasladoulle a petición a Isabel García Tejerina quen se comprometeu a estudar a proposta, fíxoo nunha xuntanza que mantiveron ambas en Madrid.
O Magrama cofinanciaría así a modernización de 3.000 hectáreas, valorado todo en 21 millóns de euros, contando coa axuda da Xunta e das catro comunidades de regantes implicadas.
A primeira fase de 850 hectáreas xa ten os permisos precisos, mentres que o resto deberán ser sometidas a avaliación de impacto ambiental. O proxecto en si contempla a posta ó día do regadío e a concentración parcelaria
A conselleira galega quixo resaltar así o compromiso do goberno por axudar a unha comunidade que vive do campo e contribuír así a manter a calidade da pataca da Limia.
Agora a petición queda pendente dunha resposta definitiva por parte do Ministerio que dirixe Isabel Gracía Tejerina.