A Xunta publica no DOG unha orde con axudas á contratación de desempregados de longa duración

prolimia
A Xunta publica no DOG unha orde con axudas á contratación de desempregados de longa duración

Segundo informou a asociación de comerciantes ProLImia.

O Diario Oficial de Galicia do pasado venres, día 2 de febreiro, publicou unha orde na que se conteñen dúas liñas de axudas á contratación. Un primeiro "bono de contratación", por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade e persoas en risco de exclusión social.

Tamén informaron dun segundo "bono de formación" dirixido ás persoas contratadas mediante esta orde, para levar a cabo acciones formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

A asociación de comerciantes ProLimia así llelo fixo saber aos seus asociados.