domingo. 02.04.2023

    A Deputación de Ourense saca á luz un conxunto de bolsas para formar a mozos e mozas emprendedores. Os beneficiarios farían práctias profesionais en empresas pertencentes a Forbes 500, a lista máis prestixiosa en Estados Unidos no que a empresas se refire. Tamén forman parte do proxecto organizacións gubernamentais e institucións sen fins de lucro. 

No programa denominado "Ourense líder", poderá participar a xente da provincia que estudase Economía, Humanidades, Xornalismo, Administración, Ciencias Políticas, Dereito, Saúde ou Relacións Internacionais. A estancia sería de 5 meses comprendidos entre agosto e decembro de 2016. A beca inclúe o aloxamento en residencias de estudantes de todo mundo, todo un intercambio cultural e profesional. 

Ademáis das prácticas laborais, as persoas que participen deberán asistir a seminarios , cursos de liderado e integración cultural. 

O proxecto xorde da colaboración da Deputación coa Fundación Advanced Leadership, unha organización sen ánimo de lucro con sede en Washington DC. 

Toda a información está dispoñible na páxina web do ente provincial. 

Comentarios