Antonio Fernández Veiga-Toni, quere un debate cara a cara cun representante do goberno

Antonio Fernández revisando documentación no pleno
Antonio Fernández Veiga-Toni, quere un debate cara a cara cun representante do goberno
Calificou, de ante mau o debate como espectáculo de distracción

O Partido Popular de Xinzo de Limia quere poñer en coñecemento da opinión pública ao respecto do debate electoral proposto por un medio de comunicación dixital, que non participará no espectáculo de distracción en que se vai a converter.

Consideramos que o formato establecido non é útil para os veciños e veciñas. De feito, como se confirmou a través de WhatsApp, “non vai haber debate entre os participantes directamente”, senón unha especie de mitin colectivo dos membros do actual goberno, xa que non prevé nin propícia que debatan nin confronten sobre o balance da xestión de cada grupo da coalición nin das súas promesas electorais.

Tampouco será un mitin equitativo nin representativo das formacións políticas con representación municipal.

Na reunión previa dos partidos convidados polo xornal do día 17, manifestáronse discrepancias e dúbidas sobre o formato establecido, mesmo un dos participantes recriminou ao PSOE, que era reticente a aceptar modificacións, que o modelo “parecia que lle ía moi ben”.

O Partido Popular está presentando aos cidadáns nas aldeas e nos barrios de Xinzo a Antonio Fernández Veiga que se postula como alternativa ao actual goberno, cun programa propio, claro, previsible e realizable, sen liortas nin dependencias de socios que tiran cada un para o seu lado pero co obxectivo común de non deixar gobernar ao Partido Popular.

O Partido Popular proponlle ao goberno municipal que, se queren facer un debate serio e útil para a cidadanía, designen un representante desa coalición que pretenden reeditar e Antonio Fernández non só non terá ningún problema en confrontar balance desta lexislatura e programa de futuro, senón que estará encantado de facelo.