A cita, solo para medios gráficos, era no parque do Pombal, para facer a foto de familia con todos os candidatos e persoas que acompañan ao candidato a alcaldía Antonio Fernandez-Toni nesta campaña electoral.
Toni foi presentando ao presidente do Partido Popular de Galicia a todos os compoñentes da lista, facendo fincapé no número de mulleres que conforman a mesma.
VISITAS POLA VILA

Unha vez feita a foto de familia os compoñentes da comitiva dirixíronse a dous establecementos nos que traballan dúas das candidatas Oti -cafetería Bandos e Alicia en Librería Galaica
Anteriormente foi a visita a nova Reitoral, na que estaba para recibilos D. Jaime , pasando ao interior para ensinarlle “a presa” as obras rematadas.
Despois a visita levounos por outros lugares representativos da vila, como poden ser a praza Maior, e por suposto o Museo do Entroido. A visita continúa nestes momentos.