26 de mayo de 2023, 23:55
Antonio Fernández:
- O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación de Ourense destacou no mitin, celebrado esta noite na Casa da Cultura, a necesidade de abrir un novo ciclo en Xinzo de Limia
- “Toni Fernández preséntase como un potente líder da candidatura despois de gañar en 2019 e liderar durante catro anos a oposición. Suma décadas de compromiso co territorio, e a partir deste domingo será o alcalde que merece Xinzo de Limia”
- “O Partido Popular presenta en Xinzo unha candidatura excelente, preparada para gobernar dende o minuto un, e que aspira xa non so a gañar -como fixemos no 2019- senón a acadar a necesaria maioría absoluta”
- “A maioría absoluta do Partido Popular significa progreso, e Xinzo de Limia é un bo exemplo, con políticas ben deseñadas que permitiron dinamizar unha das vilas máis importantes de Galicia. E a partir do 28 de maio volveremos a facelo”
- “Xinzo de Limia merece unha maioría absoluta do Partido Popular para recuperar o camiño do progreso. E todo está encamiñado a unha gran maioría absoluta o domingo, que referendará as gañas de cambio”
- “A Deputación de Ourense sempre está e estará ao carón dos concellos. E necesita iniciativas ben deseñadas e artelladas por parte dos concellos, un traballo garantido pola candidatura do Partido Popular de Xinzo”
- O Plan de Mandato 2127”, destacou na súa intervención Manuel Baltar, inclúe accións estratéxicas enfocadas na potenciación da comarca da Limia como é a planta de transformación de residuos orgánicos, ademais doutros proxectos deseñados para “reforzar as nosas apostas pola dinamización económica, o emprendemento da mocidade, o turismo ou o blindaxe dos servizos sociais”
-
Participantes no Mitin
ANTONIO FERNÁNDEZ: “QUEREMOS UN XINZO DE LIMIA MÁIS SOCIAL. CONSTRUIREMOS UN NOVO XERIÁTRICO MUNICIPAL E PROMOVEREMOS A IMPLANTACIÓN DE CASAS NIÑO E CASAS DO MAIOR”

- candidato popular remarcou no mitin desta noite a importancia da capacidade de deseñar proxectos e atopar a colaboración institución para desenvolver o concello
- “Crearemos un centro de iniciativas empresariais e un viveiro de empresas para apoiar ao emprendemento e a captación de proxectos e investimentos”, explicou Antonio Fernández
- “Queremos dinamizar a ampliación do parque industrial que está realizando a Xunta de Galicia e crear postos de traballo”, remarcou o líder da candidatura popular
- “Queremos un Xinzo de Limia máis social: construiremos un novo xeriátrico municipal e promoveremos a implantación de casas niño e casas do maior”
- “O noso compromiso é máximo co medio rural”, recalcou o candidato popular de Xinzo de Limia, que avanzou a aposta por construír plantas de tratamento dos puríns para “transformar e aproveitar os residuos que favorezan o respecto e revalorización do medio ambiente e supoñan un valor engadido aos nosos produtos”
- Entre os proxectos estratéxicos, Antonio Fernández destacou na súa intervención desta noite a construción do auditorio municipal, ademais de apoiarse no Plan Urbe para rehabilitar o casco histórico do Barrio de Abaixo