Baltar visitou o concello de Porqueira

Porqu 1 may18
Baltar visitou o concello de Porqueira

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe o concello de Porqueira, onde se reuniu coa súa alcaldesa, Susana Vázquez Dorado, e membros do equipo de goberno municipal. O presidente do goberno provincial e a rexedora local repasaron as infraestruturas realizadas, como a residencia de maiores, e proxectos comúns que levan desenvolvido ámbalas dúas administracións, así como temas enerxéticos e de equipamentos en diferentes núcleos de poboación do municipio, ademais de visitar a Torre, referencia turística da zona e edificio histórico emblemático da comarca da Limia.

Porqu 2 may18