O club de escalada de Ourense escolle a ruta do río Fírbeda para a súa saída mensual

Membros cativos do club de escalada de Ourense
O club de escalada de Ourense escolle a ruta do río Fírbeda para a súa saída mensual

Tamén tiveron ocasión de contemplar a Limia dende o alto da torre de Porqueira

O club de escaladores de Ourense realiza unha saída mensual con nenos e nenas, acompañados de algún dos seus proxenitores para inculcar este deporte aos máis pequenos, ademais de achegar aos cativos a natureza.

visita fervenza

Para a saída deste mes, Miguel, o organizador do club, escolleu as terras da Limia, neste caso no concello de Porqueira.

Ás doce da mañá acompañados de máis dunha ducia de nenos e nenas , os maiores, e algún veciño que se apuntou, partiron dos pes da torre de Porqueira para achegarse rio arriba a Fervenza do río Fírbida.

Despois dun bo refrixerio de medio día tocou facer a baixada para visitar a propia torre e dende a súa cima contemplar toda a Limia.

Nin que dicir ten, que todos quedaron moi satisfeitos co que puideron ver e desfrutar non so das vistas se non da exuberante natureza nos aproximados 14 quilómetros que tiña o percorrido escollido.Tampouco faltaron a cita varias mascotas dos camiñantes que tomaron parte activa tamén na andaina