Fin de ano especial na residencia de Porqueira

IMG-20201231-WA0024
Fin de ano especial na residencia de Porqueira

Recibiron a visita do equipo de vacinación

Os residentes e traballadores da residencia de maiores de Porqueira despediron o ano cun pouco máis de alegría, si cabe, posto que pola mañá recibiron ao equipo de vacinación do SERGAS

TODOS OS RESIDENTES E PERSOAL

Ás 11 da mañá comezou a primeira dos residentes a recibir a primeira doses de vacina e en pouco máis de unha hora a sesión había rematado.

24 usuarios e usuarias ademais do resto de persoal que atende incluíndo as persoas incluídas que fan vacacións, substitucións e baixas. Desta maneira todas as persoas internas e as que teñen acceso en calquera situación as instalacións xa están vacinadas.

NINGUNHA REACCIÓN A DÍA DE HOXE

catsSusana Vázquez, alcaldesa de Porqueira, e responsable da residencia(recordemos que esta residencia é de xestión 100% municipal), manifestaba que ningunha das persoas que recibiron a vacina tivo ningunha reacción. A satisfacción entre todas as persoas é moi grande e a noite de fin de ano foi celebrada de unha maneira un pouco especial.

ASEPSIA TOTAL

Continúa dicindo Susana que as visitas a familiares están acordadas cos mesmo que teñen que realizarse entre as dúas portas de entrada, loxicamente cumprindo todos os protocolos. Todo o persoal ao entrar ten que cambiarse nunha sala antes de ningún contacto con residentes, e a saída a roupa ten que ir directamente a lavandería, co que o persoal entra e sae cunha asepsia total.

Esperamos que o virus se manteña lonxe das nosas instalacións como ten ocorrido ata este momento.