Homenaxe a José Rodríguez Dobaño "Peitos" en Porqueira

Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) participa no magosto popular do concello de Porqueira, acompañado da sua alcaldesa, a popular Susana Vázquez Dorado, no día que se fai homenaxe o concellal popular José Rodríguez Dobbaño "Peitos
Homenaxe a José Rodríguez Dobaño "Peitos" en Porqueira

O presidente da Deputación participou esta mañá na homenaxe ao edil de Porqueira falecido en setembro: “Todos os que tivemos a sorte de coñecelo podemos dicir o mesmo. Seremos os mellores embaixadores do seu recordo”

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou esta mañá na homenaxe organizada polo Concello de Porqueira para honrar a figura de José Rodríguez Dobaño “Peitos”, concelleiro falecido en setembro deste ano.

A homenaxe a Peitos celebrouse fronte ao edificio multiusos municipal, que dende hoxe leva o nome de José Rodríguez Dobaño coma homenaxe institucional. O acto, enmarcado no tradicional magosto de Porqueira, contou coa presenza de centenares de veciños ademais de alcaldes e concelleiros de diferentes puntos da provincia. Na homenaxe interviron Manuel Baltar; a alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez; o afillado de Peitos, Félix; e o veciño José Castro.

Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) participa no magosto popular do concello de Porqueira, acompañado da sua alcaldesa, a popular Susana Vázquez Dorado, no día que se fai homenaxe o concellal popular José Rodríguez Dobbaño "Peitos".

“Peitos foi un verdadeiro servidor público. Na súa figura quedan resumidos os mellores trazos do que é ser un concelleiro”, destacou Manuel Baltar, que recordou a última visita institucional a Porqueira, este mesmo ano: “Aí estaba José Rodríguez, pensando e pelexando como durante máis de tres décadas por novos proxectos. Falando do futuro do seu pobo, sabendo sempre a importancia de ser positivos e construtivos”.

O presidente da Deputación ponderou a “fonda pegada” que deixa Peitos: “Todos os que tivemos a sorte de coñecelo podemos dicir o mesmo. Seremos os mellores embaixadores do seu recordo”.

Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) participa no magosto popular do concello de Porqueira, acompañado da sua alcaldesa, a popular Susana Vázquez Dorado, no día que se fai homenaxe o concellal popular José Rodríguez Dobbaño "Peitos".
Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) participa no magosto popular do concello de Porqueira, acompañado da sua alcaldesa, a popular Susana Vázquez Dorado, no día que se fai homenaxe o concellal popular José Rodríguez Dobbaño "Peitos".

Pola súa banda, a alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, quixo recoñecer a “máxima implicación” de Peitos con Porqueira: “Foi unha persoa leal, comprometida e traballadora. Sempre estaba disposto a atender aos veciños, axudando a resolver calquera problema, amosando toda a súa colaboración neste proxecto colectivo ao que adicou máis da metade da súa vida”.

Mentres tanto, o seu afillado Félix, e José Castro, valoraron a figura de Peitos, “unha persoa que deixa un baleiro difícil de asimilar. Todos os veciños o queremos e o recordaremos”.