A marea de roubos que sacude a Limia chega a Porqueira

Iglesia_de_San_Martiño_de_Porqueira_(8071190725)
A marea de roubos que sacude a Limia chega a Porqueira

Os seis roubos ocurridos nos 15 últimos días na comarca da Limia, hai que engadirlle un novo na Capela de San Mamede, no concello de Porqueira.


O roubo produciuse fai unhos días na pequena igrexa da localidade, sospeitase que pola noite. Un veciño da mesma apunta a que os ladróns "reventaron" a porta "por dous ou tres sitios distintos" e leváronse cerca de 40 euros monedas, xa que os billetes xa se gardaran con anterioridade. "Foi máis o dano que causaron que o que levaron", comentou o veciño.

A parroquia contratou os servizos dun cerraxeiro que xa había procedido a cambiar a cerradura do templo e que esta semana pintará a porta. O párroco da igrexa e tamén o cura do municipio de Xinzo, Jaime Collazo, explicou en medio desta oleada de roubos que, na maioría dos casos "os ladróns fai máis dano rompendo os cerroxos que levándose os cartos dos cepillos", posto que os pagos da cerradura soe duplicar a cantidade sutraída.

A capela de San Mamede permanece pechada case todo o ano, menos para acoller os feligreses en eventos e misas puntuales, como o das festividades localas do 16 de xullo e o 15 de agosto. Tamén se celebra unha eucaristía o primeiro domingo de cada mes de septembro, ademáis de bodas, bautizos e comunións.

O último suceso ocurrido na comarca relacionado co roubo de igrexas foi o que tivo lugar na parroquia de San Esteban de Sandiás, durante a madrugada do domingo.