PORQUEIRA ABRE A SÚA RESIDENCIA MAÑÁ VENRES DÍA 1 DE MARZO

1
PORQUEIRA ABRE A SÚA RESIDENCIA MAÑÁ VENRES DÍA 1 DE MARZO

Este é un proxecto ilusionante, precioso para min e para os veciños de Porqueira sen dúbida.

Quero que isto sexa a casa de todos onde a todo o mundo se trate con moito cariño ilusionante, precioso para min e para os veciños de Porqueira sen dúbida.

A residencia que mañá se abrirá no Concello de Porqueira contacon 15 habitacións, das que 4 son individuais. Estas habitacións individuais serán para atender prioritariamente a grandes dependentes. Haberá una habitación máis individual que servirá como enfermería ou para casos de illamento por calquer motivo que así o demande.

Susana Vázquez Dorado alcaldesa de Porqueira está que non o cre. Despois de dez anos de proxectos, ideas, atrancos e de andar “mendigando” cartos por 2todas as administración, hoxe ve cumprido o seu “sono” de deixar para o seu pobo una residencia do século XXI e sen que lle custe un solo euro aos seus veciños. Entre os nervios para que estea todo a punto e os de ver o sono cumprido, recíbenos para explicarnos de primeira man como foron os seus comezos de proxecto e a realidade que é hoxe en día, mellor dito mañá dia 1 de marzo de 2019.Agradece a todos os veciños e aos membros da corporación, oposición incluida o apoio durante estes 10 anos de camino, moitas veces cheo de atrancos.
As 11 habitacións restantes serán dobres e contan cos últimos sistemas no referente a seguridade entre as que cabe destacar a de auxilio nos baños. Todas elas son moi amplas e sobre todo moi luminosas, tendo sempre a vista ou ao monte ou as terras de Porqueira. So hai una pranta.

Toda a residencia está feita baixo os parámetros de eficiencia enerxética e neste caso con calefacción radiante con caldeira de biomasa, asistida por gasóleo para un momento de emerxencia.

Varias son as características principais coas que se pode definir esta residencia. A primeira delas sería a amplitude de todos os habitáculos, sexan habitación ou salas de reunión, comedor ou sala de relax. Outra das características destacables e destacadas pola última inspección por parte da Xunta foi a de estar todo nunha mesma planta. Ademais isto implica que dende o medio da residencia tan solo ollando para un lado e outro do corredor central se controla visualmente todas as dependencias da mesma. E para rematar outra das súas principais características positivas e a súa luminosidade. Dende calquera punto en que nos atopemos estamos vendo a luz natural, e en algún casos privilexiados a vista corresponde a Torre de Porqueira e o seu entorno. Ademáis dos servicios xa mentados conta tamén con enfermería e una ampla zona para rehabilitación. Na residencia sempre da o sol dende o nacente ata o peniente.

cats1

MAIS DE 10 ANOS DE ESFORZO POR PARTE DE TODOS E UN MILLÓN DE EUROS DE INVERSIÓN.

10 anos de esforzos , non solo de cartos (mais de un millón de euros), se non de esforzos a nivel administrativo. Xa non sei a cantidade de viaxes a Santiago (Xunta) e a Ourense (Deputación). Moitos foron os atrancos, todos eles involuntarios por parte das distintas administración anteriormente citadas, aínda que algunha delas fora inexplicable.

Nestes momentos recordo a una persoa Susana López Abella, hoxe Secretaria de Igualdade da Xunta , a cal foi a primeira que me deu ánimos dicíndome que tirara para adiante e que non desfalecera, posto que naquel momento ano 2008/9 era realmente unha especie de quimera. Nos quixemos dende un principio una residencia 24 horas, pero no camiño pasamos por moitas etapas diferentes, centro de día etc. En todos estes anos o percorrido estivo cheo de atrancos. O último foi cando a aprobación final de orzamento para a residencia, resulta no viaxe dos “papeis” da Xunta a Madrid para incluilos nos fondos europeos “esquecéronse” da partida para mobiliario. Este concello non tiña presuposto para o mobiliario e utensilios. Grazas a Política Social que achegou os 120.000 € que nos faltaban. Isto fixo que outra vez o proxecto sufrirá outro atraso, ata o momento no que nos atopamos a 28.02.2019 día antes da apertura do centro.

DECISIÓN DIFÍCIL DE TOMAR

cats3

Unha das decisión que tivo que tomar o concello foi a de darlle a xestión a una empresa privada ou ben acometer o funcionamento público con xestión directa polo concello. A decisión final de facela con xestión pública, foi pensando en que si a unha empresa lles da beneficio, pois nos queremos que ese posible beneficio, ademais do social de cara a nosa xente, e a da comarca, pois que redunda en máis servizos para os nosos veciños. Así foi que decidimos facer a xestión directa. Isto significou seguir buscando cartos para todo o menaxe que fai falla para o funcionamento directo, perchas, garfos, vasos, etc. Decisión pola que tíñamos que seguir pedindo máis cartos, neste caso a Deputación de Ourense. E así foi como transcorreron estes dez anos de traballo por parte de todos que da como froito un proxecto ilusionante e precioso para min, persoalmente e para todos os veciños de Porqueira e porque non para todos os da comarca.

MAÑÁ DÍA DE PORTAS ABERTAS

Aínda que a xestión e totalmente pública contamos cunha técnica en Servizos Socias que será a directora da mesma, acompañada de 8 xerontólogas un cociñeiro e persoal de apoio. Mañá venres día 1 será o día de portas abertas, para que todos os veciños poidan ver aquel soño convertido en realidade. Contaremos coa visita da Delegada da Xunta e a mediodía chegará a primeira persoa que xa pernoctará na residencia.

A día de hoxe xa temos 14 persoas anotadas para incorporarse pouco a pouco a mesma, e outras que están cos seus fillos en Barcelona, pero que son de aquí de Porqueira e despois de pasar as vacacións de verán xa quedarán. As previsións son que nos primeiros días se cubra o 100% das prazas, aínda que como digo algunha delas virá no verán.

cats2

O persoal que entrou a traballar son case todos veciños,moi preparados, uns por estar noutras residencias e outras que por mor dos retrasos que sufriu, deulle tempo para formarse.

Con esta obra o único que quero e devolverlle un pouco ao pobo, de todo o que eles me deron ao longo dos 16 anos que levo como alcaldesa.

Quero que isto se converta nunha casa onde todas as persoas que aquí estéan se atopen como na súa , que non sexa una residencia se non a súa casa.