Porqueira estrea unha nova ruta turística

Fírbeda-1024x683
Porqueira estrea unha nova ruta turística

Mañá sábado 1 de agosto, presentación do proxecto Camiños de identidade

Ás 17:00 no salón da casa do concello farán a presentación desta nova ruta turística a empresa organizadora da mesma, David Villarino, profesor de música no grupo Vai de Vagar de Porqueira e a propia alcaldesa Susana Vázquez Dorado.

16180916Presentaranse os produtos turísticos creados para este concello e proxectarase por primeira vez o vídeo promocional destes recursos paisaxísticos, patrimoniais e humanos de Porqueira, mostrando a identidade do pobo.
ANDAINA CON COMIDA POLA MAÑÁ
Para ir preparando o ambiente ás 10:00 haberá unha andaina pola ruta dás Fervenzas do río Fírbeda da Forxa. Os participantes na mesma poderán quedarse a comer no pobo, todo elo baixo reserva.