Porqueira parece un pobo pantasma. Así da gusto (Susana Vázquez)

2019022819511527400
Porqueira parece un pobo pantasma. Así da gusto (Susana Vázquez)

Temos un concello xa libre se virus

Creo que temos un concello xa libre se virus, a persoa afectada recupérase moi satisfactoriamente e os que están en cuarentena non presentan síntomas.

Segundo Susana Vázquez, neste momento o seu concello está completamente libre de virus.

As zonas máis vulnerables, como pode ser a residencia e a farmacia desinféctanse case a diario. Bombeiros, Deputación, Xunta e o propio Concello, co único traballador que nos quedou na brigada facemos unha desinfección diaria. Coa colaboración dos agricultores, os pobos desinféctanse dous días a semana.

UNHA RESIDENCIA TOTALMENTE INFRANQUEABLE

2019022819511545000Así se pode definir a situación na que se atopa a residencia de maiores xestionada polo propio Concello por mor das medidas de seguridade hixiénica que neste momento teñen as persoas que residen na residencia, todas elas de alto risco. O persoal que traballa na mesma, o cal, de momento e esperemos que sexa así ata que remate esta pandemia, están todos ao 100%, ten que mudar de roupa, deixando a súa fora.

Susana Vázquez (Foto arquivo dendealimia)

Nestes momentos xa temos todo o material necesario, mascarillas, pantallas de protección, batas luvas etc. A roupa ao rematar o traballo queda, e lávase na residencia, co que non debería haber ningunha transferencia posible.

Tamén cos internos se tomaron medidas adicionais, como poden ser a de que os “avos e avoas” comen máis separados, en varios quendas. Así mesmo as relacións coas familias mantense a miudo con videochamadas para que tanto os de dentro como os de fora estéan informados de como están os seus familiares, o que non se pode e vir a visitalos.

Ademais de todas estas medidas estase facendo no seu interior a desinfección con máquina de ozono.

A alcaldesa Susana Vázquez, quere agradecer a Xunta a achega de todos os materiais tanto de protección como de depuración. A Deputación polos vehículos e o persoal para a desinfección , así como aos bombeiros.

BANDO PARA ENTREGA DE MATERIAL PARA OS VECIÑOS.

Continúa a conversa con Susana comentando o Bando que acaba de sacar o Concello onde comunica aos veciños que todos aqueles que necesiten mascarillas ou luvas para ir a farmacia, ou para persoas de alto risco, aínda que xa o Concello, cos seus voluntarios de Protección Civil, ten un servizo de levar a cada domicilio o que se necesite, as medicinas, a compra ou calquera outro servizo, como pode ser a impresión de deberes, unha vez que comecen outra vez as clases virtuais, para o alumnado do seu Concello.

IMG-20200408-WA0002Para calquera destas cuestións, ou calquera outra pon a disposición de todos os veciños o seu telefono o do Concello e o de Palmiro a persoa responsable destas funcións.
O que queremos e que Porqueira, continúe sendo un pobo pantasma, ata que todo isto remate, despois volveremos a ser o pobo hospitalario de sempre. De momento rogamos que os nosos veciños que residen fora, se absteñan de vir, seguímolos querendo moito, pero nestes momentos dende a distancia.
UN LITRO DE XEL DESINFECTANTE A 40 €
Para rematar esta charla, Susana cóntanos que houbo algunha firma que chamaou para ver si necesitábamos desinfectante, atrevéndose a pedir 40 €/L. Sempre hai alguén que se quere lucrar con estas cousas. Por sorte e grazas as institucións como Deputación e Xunta a residencia está totalmente abastecida.