jueves. 30.03.2023

Porqueira terá un novo pozo para captación de auga

Será posible cunha subvención da Deputación de 20.000 €
A Torre da Fírbeda, en Porqueira, será restaurada nos próximos meses. | FOTO: Cedida.
A Torre da Fírbeda, en Porqueira, será restaurada nos próximos meses. | FOTO: Cedida.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, aprobou a concesión de nove axudas por un importe superior a 350.000 euros para cooperar na execución de proxectos municipais e actividades promovidas por entidades turísticas e organizacións sociais.

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisten Rosendo Fernández (Vicepresidente 1º da Deputación de Ourense); César Fernández Gil (Vicepresidente 2º da Deputación de Ourense); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).
Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. 

En cooperación cos concellos, concedéronse preto de 42.000 euros ao Concello do Bolo para a mellora do camiño do Seixo; máis de 6.000 a Gomesende para unha beirarrúa no núcleo de Casanova; 20.000 euros para un guía turístico na Peroxa; e a mesma cantidade ao Concello de Porqueira para un pozo de barrena que permita abastecer o pobo de Filgueira. Aprobáronse tamén dúas axudas por valor de 48.000 euros para o arranxo de vías municipais en Pontedeva e un proxecto de humanización na praza da Cerdeira de San Xoán de Río, ademais dunha subvención de 110.000 euros para un tanatorio en Vilariño de Conso.

Porqueira terá un novo pozo para captación de auga