Porqueira xa ten aprobado provisionalmente o seu Plan Básico Municipal de Urbanismo

210527 AVM PORQUEIRA 2
Porqueira xa ten aprobado provisionalmente o seu Plan Básico Municipal de Urbanismo
Foi presentado esta mañá pola Conselleira Ángeles Váquez xunto coa alcaldesa Susana Vázquez

A Xunta de Galicia aprobou hoxe inicialmente o Plan básico municipal (PBM) de Porqueira, que se converte así no sétimo concello galego que supera este trámite e segue avanzando co obxectivo de dotarse o antes posible dun instrumento propio de ordenación, o primeiro no seu caso.

Precisamente, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, notificoulle esta mañá á alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, a sinatura da orde de aprobación inicial do PBM, unha ferramenta pensada para que os concellos de menos de 5.000 habitantes e sen planeamento -37 en toda Galicia- poidan desenvolver certa actividade urbanística pero sen establecer criterios de crecemento urbano.

Tras agradecerlle ao Goberno local que no ano 2017 fora un dos primeiros en interesarse por esta nova figura, creada ao abeiro da Lei do solo, a conselleira felicitou tanto á rexedora como ao equipo redactor polo traballo realizado e a súa aposta polo urbanismo responsable.

210527 AVM PORQUEIRA 3

O cuarto da provincia de Ourense

Porqueira é o cuarto que acada a aprobación inicial da Xunta na provincia de Ourense e o sétimo que o fai en toda Galicia, dando así un paso decisivo de cara a dotarse dun marco propio en materia urbanística.

O obxectivo da Xunta, indicou a conselleira, é que estes nove municipios, que foron os primeiros en empezar a traballar no seu Plan básico municipal, poidan telos aprobados definitivamente a finais este ano ou comezos de 2022.

Pola súa banda, a alcaldesa, Susana Vázquez, salientou que o de hoxe era

“un día moi esperado”, no que o Concello está a dar “un gran paso cara ao seu futuro e tamén para evitar o despoboamento”.

"De nada serve que queiramos que a xente quede aquí se non lle facilitamos as ferramentas urbanisticas necesarias”, concluíu a rexedora, que agradeceu “enormemente” o apoio da Consellería á súa solicitude.