Susana López Abella presidiu a inauguración da exposición sobre "Mulleres símbolo do rural" en Porqueira

Público que enchía o salón de actos do concello de Porqueira
Susana López Abella presidiu a inauguración da exposición sobre "Mulleres símbolo do rural" en Porqueira

Estiveron presentes Susana Vázquez alcaldesa de Porqueira Lola Rico Presidenta da Asociación promotora e Rosa Trujillo redactora das entrevistas

Ante un salón de actos cheo "ata bandeira" tomou a palabra Susana Vázquez (Alcaldesa de Porqueira) para agradecer todo o que a Secretaría da Igualdade está a colaborar co Concello, pero non solo agora. Susana Vázquez agradeceu e recoñeceu publicamente que sen as accións da agora secretaria xeral, Porqueira non tería a residencia de maiores, que aproveitou o acto para anunciar a apertura da ampliación para acoller a outros 24 maiores o mes que ben.

Lola Rico, Susana López, Susana Vázquez e Rosa Trujillo
Lola Rico, Susana López, Susana Vázquez e Rosa Trujillo

MULLERES LOITADORAS

Na súa intervención referente a exposición que se estaba a inaugurar, quixo destacar a algunhas das mulleres que están nela, presentes como Rosa Dacal, artesán da Pantalla, Brindis, a muller que fotografou a Limia dende os anos 60 (estaba presente na sala). Non se esqueceu de Pilar González que nos deixou ao principio desta pandemia.

PILAR GONZÁLEZ (A Pilar do Victorino)

Antes de darlle a palabra a Lola Rico, quixo facer unha mención especial a unha das mulleres cuxa vida está reflexada na exposición que foi a última partureira de Porqueira . A partureira da Forxa. Segundo manifestou, cousa que corroborou a nai de Susana, presente tamén na sala, ela, foi o último nacemento a que asistiu, o día seguinte finou. Pero como referencia especial as mulleres traballadoras, que tamén están na exposición referiuse a Pilar González, que foi a primeira traballadora muller que tiveron as minas de volframio. . Anunciou Susana que o Concello de Porqueira está en débeda con ela e a súa familia e que pronto será subsanada esta situación coa homenaxe que ela se merece.

Tomou despois a palabra Lola Rico, para referirse tamén a Pilar González como unha das mulleres loitadoras non solo da comarca se non de Galicia.

20220316_110512

Agradeceu tamén Lola a presenza da Secretaria Xeral e por suposto das axudas que ten da Secretaría a asociación que preside e que o único obxectivo da asociación sen ánimo de lucro é a mellora das condicións de vida de todas as persoas que viven no rural. Fixar poboación que é onde queremos estar, e o motor para todo isto é que sexa a través das mulleres, sempre sempre como eixo vertebral que sexa en igualdade e como fío condutor a saúde.

ESTATUTO DA MULLER RURAL

Susana López Abella destacou a importancia de dar a coñecer as historias das mulleres rurais galegas conferíndolles o espazo que se merecen. Ao respecto, puxo de manifesto o compromiso de Galicia coa igualdade e sinalou que a nova Lei incorporará, entre outros, un Estatuto das mulleres rurais e do mar e recollerase por primeira vez nunha normativa os requisitos mínimos de formación en igualdade. Así mesmo, lembrou que a Xunta ten en marcha o novo Plan Emprega Muller, dotado con 34,3 millóns de euros, de apoio á contratación e á formación con medidas específicas para o rural