Susana Váquez, alcaldesa de Porqueira, recibida por Díaz Mouteira

190619 alcaldesa Porqueira
Susana Váquez, alcaldesa de Porqueira, recibida por Díaz Mouteira

Esta xuntanza da delegada territorial da Xunta en Ourense enmárcase nos encontros que está a manter cos alcaldes e alcaldesas da provincia logo da constitución das novas corporacións locais

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho á alcaldesa do concello ourensán de Porqueira, Susana Vázquez Dorado. Esta xuntanza enmárcase nunha rolda de contactos cos alcaldes da provincia que Díaz Mouteira iniciou o pasado luns co obxectivo de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos, así como analizar a marcha daqueles proxectos que está a desenvolver o Goberno galego neles.

190619 alcaldesa Porqueira-3Marisol Díaz lembrou que nos últimos catro anos este municipio recibiu do Goberno galego achegas por un importe de máis de 2,6 millóns de euros. Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon ao municipio de Porqueira case un millón de euros en materia de subvencións; máis de 710.000 euros en convenios; e preto de 950.000 euros pertencentes a outras actuacións.
A representante do executivo autonómico en Ourense subliñou que as achegas da Administración autonómica posibilitaron a posta en funcionamento dun centro de día residencial, a ampliación do mercado tradicional da Forxa, distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais, a posta en marcha de varios obradoiros de emprego conxuntamente con outros concellos, a mellora de estradas e outras infraestruturas como son as piscinas municipais, eliminación de puntos de vertido incontrolado e a actuación de mellora dos acceso á torre Fírbeda, entre outras actuacións.

Finalmente, Díaz Mouteira fixo fincapé na importancia de continuar a executar proxectos de mellora no concello, insistindo nas “vantaxes da colaboración entre as distintas institucións, xa que aunando esforzos pódense levar a cabo actuacións que benefician directamente aos cidadáns.”