Susana Vázquez, alcaldesa de Porqueira, di que ve “oscurantismo” no proceso de exposición dunha liña de alta tensión que atravesa Paradela e Reboreda

Momento da exposición sobre planos
Susana Vázquez, alcaldesa de Porqueira, di que ve “oscurantismo” no proceso de exposición dunha liña de alta tensión que atravesa Paradela e Reboreda

Concello e vecinos, reunidos este sábado 30 de abril, opóñense e preparan alegacións

A alcaldesa de Porqueira agradeceu a presenza dos veciños dos núcleos de Reboreda e de Paradela na reunión convocada con apremio na tarde do

3
Susana Vázquez

sábado 30 de abril, aunque lamentou que non fose para darlles boas novas. Con case todo o equipo de goberno presente, a excepción da teniente de alcalde -que non poido asistir por cuestión persoais-, Susana Vázquez expuso que tivo coñecemento o mércores pasado “da saída a exposición dunha liña de alta tensión que pasará por Porqueira”. O tendido, ao parecer, estaría integrado na liña de evacuación do futuro parque eólico correspondente a Calvos de Randín. Feito polo procedemento de “urxencia” e con apenas quince días para “as alegacións”. A rexidora manifestou que ve “oscurantismo” neste proceso que xa vai polo seu último trámite, que é a súa exposición pública no Diario Oficial de Galicia (DOGA) o vindeiro 19 de maio.

2

En apenas tres días, Susana Vázquez intentou reunir a máxima información posible para trasladarlla aos vecinos. Plasmada en planos, a liña de evacuación sería a do parque eólico que “se pretende plantar nos concellos de Calvos, Blancos e Baltar” e entraría en Porqueira polos núcleos de Paradela e Reboreda, cruzaría cara Bande e de aquí a Celanova, Verea, Quintela de Leirado e Pontedeva ata chegar a Frieira para evacuar. Todo este percorrido, dí a rexidora, “cando temos Maus de Salas ahí mesmo”. Foi a súa primeira cuestión na reunión: “tendo un embalse tan perto, a qué tanta traxectoria”?

“Cando o souben non saia do meu asombro”, dixo.

Tendo tan pouco tempo, o primeiro que resolveu Susana Vázquez foi reuñir á veciñanza e mostrarlles os planos do futuro tendido de alta tensión. A postura don Concello é clara: “alegar” porque estamos “en contra xa de cheo”, expuso a xefa do goberno municipal.

5
Asistentes a convocatoria da alcaldesa

Vázquez foi desgranando razóns polas que o Concello se opón a iniciativa. Como primeiro punto dixo que “o trazado cruza xusto polo monte de Reboreda mesmo donde nos temos os mananciais de auga, e tamén por donde as xentes teñen as súas fincas novas de concentración parcelaria”. “Todos sabemos o que pasa nun manancial cando se escarba, cuando se fura nun manancial desaparece, a auga escapa” relatou a rexidora, para continuar explicando que tampouco podería edificarse a varios metros do tendido, co perxuicio de non poder levantar nin invernadoiros nin granxas nin outro tipo de construcións nun futuro.

4
A liña de alta dividirá estas terras polo medio

A alcaldesa instou a todas as entidades a presentar alegacións, ademáis das do Concello de Porqueira. “Cotos de caza, comunidades de usuarios de augas, asociacións de veciños, comunidades de montes e veciños particulares, todos xuntos porque canta mais presión se poda meter mellor, non nos vamos a quedar asi, non se pode chegar e actuar así”, reiterou. Vázquez sinalou que o Consistorio apoiará a todos os particulares que queiran deixar por escrito as súas argumentaciós contra o proxecto do tendido de alta tensión.

M.T.