Susana Vázquez confía en que a residencia de Porqueira estea lista para novembro

susana
Susana Vázquez confía en que a residencia de Porqueira estea lista para novembro

O Concello de Porqueira leva tempo agardando para que a súa residencia de maiores e centro de día poida funcionar ó 100%.

Desta volta toca esperar por un convenio de Política Social de 120 mil euros cos que poder equipar as instalacións por dentro. A rexedora de Porqueira agarda que a firma teñ lugar canto antes para poder adquirir o equipamento e proceder logo a licitar a súa adxudicación. Susana Vázquez confía en que non se demoren os prazos para poder ter a residencia en pleno funcionamento no mes de novembro.

O edificio púxose en marcha en 2014 cando o Concello procedeu a licitar a obra de remate da residencia á empresa local José Manuel Portela Seguín S.L U.T.E. Consta dunha planta baixa con 25 prazas con habitacións dobres e individuais, e outras 10 prazas para o centro de día.