Os veciños de Porqueira fórmanse no uso das novas tecnoloxías

Camiña en dixital en Porqueira
Os veciños de Porqueira fórmanse no uso das novas tecnoloxías

O Concello de Porqueira acolleu esta mañá a presentación do proxecto "Camiña en dixital", unha actividade lúdico-formativa enfocada á formación dos maiores no uso das novas tecnoloxías mentras realizan un Camiño de Santiago online. A iniciativa, enmarcada nas actividades paralelas da segunda edición da Mobile Week Ourense, foi impartida por Iván Luis Vázquez, e contou coa presenza da alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, e a deputada Luz Doporto.