Elvira Lama compromete un novo xeriátrico de 60 prazas na Devesa para que os maiores poidan seguir preto das familias

Elvira Lama
Elvira Lama compromete un novo xeriátrico de 60 prazas na Devesa para que os maiores poidan seguir preto das familias

Tamén porá en marcha unha rede de transporte a demanda para facilitar o desprazamento á vila das persoas de máis idade que viven no rural

Xinzo funciona, que tamén é o lema da campaña de Elvira Lama á Alcaldía, porque atende as grandes necesidades do Concello con grandes proxectos como a transformación dos accesos ou un novo xeriátrico, pero tamén as pequenas, como a de facilitar a mobilidade das persoas maiores.

Neste sentido, comprométese á mellora dos servizos con proxectos como a construción dun novo xeriátrico de case 60 prazas na urbanización A Devesa.

A memoria de dito proxecto xa foi presentado á Xunta de Galicia, o que demostra a determinación da candidata para evitar que as persoas que precisan este tipo de atención teñan que afastarse das súas familias e trasladarse a outros municipios. “Non podemos ter aos nosos maiores lonxe das súas familias porque no seu pobo non haxa o servizo que precisan. Achegalos ás súas casas é un obxectivo polo que seguirei facendo todo o que estea na miña man”. Xunto a esta memoria, remitiuse á certificación catastral da titularidade do terreo no que se emprazaría a residencia, na urbanización A Devesa.

O compromiso de Elvira Lama para mellorar os servizos que se ofrecen aos maiores en particular e á poboación en xeral segue medrando. Así, tamén se compromete á creación dunha rede de transporte a demanda para facilitar o desprazamento á vila ás da xente que vive no rural de Xinzo de Limia, especialmente para aqueles de maior idade, e baixo previa cita.

Trátase, en definitiva, de mellorar a calidade de vida da poboación, para o que se incrementarán os servizos de proximidade como o comedor a domicilio ou o de podoloxía, ademais da creación de espazos de xantar en compañía nos centros sociais e talleres de acompañamento para os maiores cunha rede de voluntariado.

Ademais, Elvira Lama xa empezou a traballar no plan de recuperación das Casas Rectorais do concello, adquiríndoas para preservar o patrimonio e construír Casas do Saber e da Memoria. Ao mesmo tempo que se atenden as necesidades dos nosos maiores, tamén se recuperará o patrimonio inmaterial. O Xinzo que funciona seguirá achegando servizos aos cidadáns con Elvira Lama na Alcaldía.