Elvira Lama impulsará os intercambios comerciais e culturais con Portugal, empezando polos concellos do outro lado da raia

Elvira Lama
Elvira Lama impulsará os intercambios comerciais e culturais con Portugal, empezando polos concellos do outro lado da raia

A candidata socialista asegura que achegarse institucionalmente ás cámaras municipais veciñas suporía unha oportunidade de ouro nos ámbitos empresarial, social e educativo

Para dinamizar a economía local de Xinzo de Limia son necesarias medidas como as que impulsou Elvira Lama nos últimos anos, axudando a sectores como o comercio e a hostalería conxelando taxas e impostos e impulsando eventos nos que a vila foi un referente, tanto no ámbito deportivo como cultural. A candidata socialista segue dando a coñecer o seu completo programa electoral, no que se ten moi en conta o potencial do concello para atraer visitantes. Así, Lama propón intensificar lazos cas cámaras municipais do outro lado da raia para impulsar intercambios comerciais e económicos.

Elvira Lama considera que se trata dunha asignatura pendente, pese a que existen uns lazos emocionais, económicos e ata persoais entre os habitantes das cámaras municipais de Portugal e Xinzo de Limia, ao que teñen como un concello de referencia. A candidata socialista asegura que achegarse institucionalmente a eses municipios suporía unha oportunidade de ouro de tecer intercambios comerciais, empresariais, sociais, educativos e culturais.

Elvira Lama, en cada un dos viaxes nos que representou a Xinzo de Limia, tivo moi presente a necesidade de entablar relacións institucionais que favoreceran ao concello. Así, o pasado mes de agosto emprende un viaxe de 30 horas en autobús cos músicos da Banda Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo de Limia rumbo a un dos certames máis prestixiosos no mundo da gaita: O Festival Internacional de Strakonice (República Checa). A candidata socialista á Alcaldía de Xinzo aproveitou a visita para estreitar lazos institucionais con representantes da cidade de cara a un irmanamento entre as dúas localidades, para o que xa se iniciaron os trámites.

Estas iniciativas que teñen o firme obxectivo de dinamizar a economía local súmanse as novas dotacións de infraestruturas e aos novos servizos para mellorar a calidade de vida da poboación que proxecta Elvira Lama co lema de Xinzo Funciona e coa meta de que nos próximos anos así siga sendo.